Unha das poucas pezas que faltaban por encaixar no Club Cisne Balonmán confirmouse coa renovación de Miguel Simón.
O pivote era unha das dúbidas que se mantiñan na confección do plantel, pero finalmente decidiuse a continuar.
"Decidín seguir un ano máis, tentarei facer todo o posible para axudar a que o soño cisneísta siga cara a adiante", sinalou o propio xogador, especialista defensivo.
Simón acumula máis dunha década ligado ao club pontevedrés.
Coa súa renovación son 16 as pezas confirmadas para o próximo proxecto do Cisne na División de Honra Prata ás ordes de Jabato, xunto aDani López, Juan Novás, Jorge Villamarín, Andrés Sánchez, Pablo Picallo, Álvaro Preciado, José Leiras, Bruno Vázquez, Alejandro Conde, Álex Chan, Javi Vázquez, David Chapela, Dani Ramos, Iván Calvo e Pablo Gayoso.