Miguel Cortegoso, do Mace Sport, é o novo director do Comité de Exhibicións de Taekwondo

Pontevedra
28 de xaneiro 2020

O presidente do equipo pontevedrés encargarase de xestionar o regulamento e o calendario das exhibicións deste deporte en todo o territorio español

Miguel Cortegoso (de vermello), Javier Dios e Chelo Besada na presentación do Campionato Provincial en Idade Escolar de Taekwondo Mónica Patxot

A Real Federación Española de Taekwondo nomea ao presidente do Mace Sport, Miguel Cortegoso, director do comité de exhibición da máxima institución deste deporte en España.

Nunha carta remitida a Cortegoso, o presidente Jesús Castellanos pon en valor o traballo realizado polo club pontevedrés e pola súa canteira, polo que esperan que o dirixente do equipo  lerezano acepte un cargo pensado para a xestión do regulamento e os calendarios das exhibicións de taekwondo a nivel nacional.

O comité nacional de exhibición quedaría formado tamén por Miguel Meilán, Noelia Pérez, Miguel Cuevas e Javier Sieira, que xa mantiveron unha primeira toma de contacto no último campionato de España celebrado na cidade do Lérez.