Mensajero, rival do Pontevedra polo ascenso a Segunda B na eliminatoria de campións

Pontevedra
18 de maio 2015

O primeiro partido disputarase na illa canaria de La Palma e a volta, dentro de dúas semanas, no Estadio Municipal de Pasarón. O vencedor ascenderá directamente a Segunda B

Sorteo da fase de ascenso a Segunda B nas Rozas RFEF

O ascenso do Pontevedra Club de Fútbol a Segunda División B pasa por Canarias, concretamente pola illa de La Palma.

O sorteo celebrado este luns na Cidade do Fútbol de Las Rozas emparellou aos granates co Club Deportivo Mensajero na eliminatoria de campións.

Neste quedou establecido que o primeiro partido se diputará o próximo domingo 24 de maio en Canarias e a volta, unha semana despois, no Estadio Municipal de Pasarón.

O Mensajero resultou campión do Grupo 12 con 71 puntos, tras sumar 20 triunfos, 11 empates e 7 derrotas ao longo da tempada regular.

O gañador da eliminatoria ascenderá directamente a Segunda B e o perdedor contará cunha segunda oportunidade debendo superar dous novos cruzamentos.

Os demais emparellamentos de play-off con equipos galegos son: Durango-Deportivo B, Logroñés-Cerceda e Choco-Extremadura.