O Poio Pescamar segue dando forma ao plantel da próxima tempada. Faino cunha nova renovación, unha das súas incorporacións do pasado ano: Martita.
A peche de 21 anos, que chegou o verán pasado desde as filas do Viaxes Amarelle, continuará na disciplina do club 'rojillo' unha tempada máis.
Aínda que ao principio da tempada os problemas físicos impedíronlle sumar minutos, Martita terminou demostrando un alto nivel de xogo na segunda volta da competición.