Fichaxe importante para o Poio Pescamar. Polo menos con esa bitola de futbolista chamada a ser unha das líderes do equipo chega ao cadro da Seca Marta Peñalver.
A xogadora murciana, a piques de cumprir 30 anos, regresa a España poñendo fin a unha etapa de seis tempadas en Italia, as dúas últimas defendendo a un Città dei Falconara co que vén de gañar a liga, copa e supercopa do país translapino.
Marta é unha ala-pívot formada no Roldán e que chegou a ser internacional coa Selección Española. Tras saír do propio Roldán, con quen xogou catro cursos na máxima categoría, pasou tres tempadas no Futsal Femminile Cagliari (nunha anotou 42 goles) e outra máis no Futsal Florentia.
Trátase da sexta fichaxe do cadro conserveiro e da oitava peza confirmada para o novo proxecto dirixido desde o banco por Luís López-Tulla.
Desta forma ademais de Marta Peñalver xa foron confirmadas para o Poio Pescamar 22/23 as renovadas Irene García e Luci Gómez e as tamén fichadas Rocío Gómez, Sandra Buzón, Elena Aragón, Laura Uña e Elena González.