A praia fluvial de Pontevedra acolleu este sábado 27 de xullo a segunda edición da Travesía a nado Río Lérez, organizada polo Club Natación Galaico e a Federación Galega de Natación dentro do Circuito Galego de Augas Abertas.
Nesta ocasión o número de rexistrados estivo preto dos 200 nadadores e nadadoras federadas, entre os que estivo o triatleta Javier Gómez Noya, padriño desta edición, pero que finalmente non se presentou.
Foi Mario Méndez quen finalmente se fixo co primeiro posto da clasificación masculina da travesía ao parar o cronómetro en 00:28:30. Segundo foi Xoel Cubeiro (00:30:31) e terceiro Pablo Gómez (00:31:23).
Pola súa banda, a campioa entre as mulleres foi Alba Ortiz de Guinea (00:31:34), quen ademais foi segunda na xeral. Ao segundo caixón do podio feminino subiu Ana Pérez (00:31:38), segunda na xeral e, ao terceiro, Lucía Villarnovo (00:31:52), quinta na xeral.