Marín, como cada entroido nos últimos anos, contará ademais de con as celebracións propias da época, cunha cita deportiva que achegará ambiente á vila.
Trátase do Torneo de Seleccións Autonómicas de Minibasket, cuxa organización recae por sexto ano no Peixe Galego co apoio do Concello de Marín e da Federación Galega de Baloncesto.
Durante a fin de semana daranse cita nesta competición, antesala do Campionato de España da categoría, os combinados de País Vasco, Castela-León, Asturias e Galicia, tanto en categoría feminina como na masculina.
Os pavillóns da Raña e do Colexio San Narciso acollerán o evento durante o sábado 2 e o domingo 3 de marzo.
A competición feminina terá lugar no San Narciso, con partidos desde as 10:00 horas do sábado (desde 16:15 horas pola tarde) e durante a mañá do domingo, mesmo horario que terá o torneo masculino na Raña.