Manuel Fontán e Adrián Sieiro, bronce con Valeria Oliveira e Vikttoriia Yarchevska no Mundial de Sprint de Samarcanda

Pontevedra
25 de agosto 2024

Unha de cal e outra de area para os padeeiros pontevedreses no Campionato do Mundo de Sprint que se celebrou en Samarcanda (Usbequistán) desde o pasado venres 23 de agosto ata este domingo 25. Todas as xornadas estiveron marcadas pola mala condición meteorolóxica, que fixo moi difícil a navegación especialmente nas probas de canoas

 

Manuel Fontán, Adrián Sieiro, Valeria Oliveira e Vikttoriia Yarchevska Federación Española de Piragüismo

Unha de cal e outra de area para os padeeiros pontevedreses no Campionato do Mundo de Sprint que se celebrou en Samarcanda (Usbequistán) desde o pasado venres 23 de agosto ata este domingo 25. Todas as xornadas estiveron marcadas pola mala condición meteorolóxica, que fixo moi difícil a navegación especialmente nas probas de canoas. 

A parte positiva levoulla o cuarteto da nova proba do C4 500 mixto tripulado por Manuel Fontán, Adrián Sieiro, Valeria Oliveira e Vikttoriia Yarchevska. A tripulación española fíxose coa medalla de bronce ao en meta por detrás dos dous barcos dos equipos neutrais (Rusia e Bielorrusia) cun tempo de 1:39.753, deixando por detrás a equipos tan potentes como Ucraína, China, Hungría ou Moldavia.

Fontán tamén loitou polas medallas na proba do C1 500, pero quedou ás portas do podio cun cuarto posto.

Un dos barcos que peor o pasou durante a competición foi o do C2 1000 tripulado por Noel Domínguez e Adrián Sieiro. A súa embarcación perdeu rapidamente a cabeza da carreira e foron traballando contra os metros e as ondas que formaron os rivais. Finalmente terminaron na oitava posición, moi lonxe dos gañadores, os rusos Petrov e Dmitriev (3:41.510).

No caso do cangués Pablo Graña, sumou a única prata da expedición española na competición. Fíxoo no C1 200 e despois de pelexar polo ouro ata as boias finais, pero o polaco Koliadych impúxose por seis décimas a Pablo (39.083) que pecha a tempada da mellor maneira posible.

O tamén galego Manu Garrido (Tui) sufriu o indecible co vento e as ondas para poder manter estable a súa embarcación, finalizando nunha quinta posición na final do C1 5000.

En canto ao balance final da expedición española en Usbequistán,concluíu cunha prata e tres bronces cos que pecha o ano internacional no Sprint. A prata foi para Graña (C1 200) e os bronces para Fontán, Sieiro, Oliveira e Yarchevska (C4 500 mixto); Carlos Garrote (K1 200) e Miriam Vega (K1 5000).