'Manita' do Poio Pescamar ao Teldeportivo para arrancar a tempada

Poio
07 de setembro 2024

O Poio Pescamar comezou a tempada da mellor maneira ao vencer por 0-5 ao Teldeportivo Gran Canaria no primeiro encontro de liga

 

O Poio Pescamar golea o Teldeportivo Poio Pescamar

O Poio Pescamar comezou a tempada da mellor maneira ao vencer por 0-5 ao Teldeportivo Gran Canaria no primeiro encontro de liga.

A pesar de dominar o encontro desde o inicio e de gozar de numerosas ocasións, ao equipo vermello custoulle sangue, suor e bágoas abrir o marcador.

Ale de Paz, Laura Uña, Elena Aragón e Candela tiveron as máis claras para o Poio, pero non foi ata os últimos minutos do primeiro tempo cando Chuli conseguiu subir 0-1 tras aproveitar o rexeite do seu propio disparo, xusto despois de que o Teldeportivo rozase o gol cun remate ao poste de Susana López.

Na segunda metade, o Poio Pescamar desatou un aluvión de goles. Laura Uña, clave na presión, roubou o balón para que Elena Aragón fixese o 0-2.

Pouco despois, Uña volveu recuperar o esférico e asistiu a Chuli, que asinou o 0-3. A cántabra sumou o cuarto tanto tras unha saída de presión cando rival xa atacaba con cinco, e Ale de Paz desde a frontal pechou o marcador co definitivo 0-5 nos últimos minutos do partido.

Consulta a acta nesta ligazón