Malas novas para o Cisne e para Marko Ojeda, ao confirmarse a rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo

Pontevedra
28 de setembro 2022

A resonancia magnética á que foi sometido o mozo primeiro liña do equipo pontevedrés confirmou o grave diagnóstico, cunha lesión que lle terá afastado das canchas de xogo entre 6 e 8 meses

Marko Ojeda, no partido do Sector Xuvenil de Balonmán entre o Cisne e o Ademar de León Cristina Saiz

As lesións volven cebarse co Club Cisne Balonmán, que perde a un dos seus novos talentos para practicamente toda a tempada.

O club pontevedrés confirmou este mércores que a lesión de Marko Ojeda é de gravidade, e é que a renonancia magnética á que foi sometido revela que sofre unha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo dereito.

Iso supón para o xove primeira liña un período estimado de baixa de entre seis e oito meses unha vez pase polo quirófano, unha intervención necesaria para a súa recuperación e que se programará en próximas datas.

Ojeda afrontaba con ilusión a que ía ser a súa tempada de debut na Liga Asobal, pero os problemas no seu xeonllo impedíronlle sequera chegar a estrearse na máxima categoría nas primeiras xornadas de liga.