Once colexios de Pontevedra participaron este luns na décimo terceira edición do torneo 3x3 de baloncesto na rúa organizado polo Arxil.
A Avenida Monteiro Ríos foi escenario das actividades, que contaron coa presenza do ex-xogador internacional Fernando Romay, padriño do Road Show da Federación Española de Baloncesto que estivo na cidade dende o pasado sábado promovendo o próximo campionato do Mundo.
En total foron máis de 1.000 os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria os que participou no torneo durante toda a mañá.