Luisito teme "unha encerrona grande" en La Palma pero avisa: "iremos coa mentalidade de gañar"

Pontevedra
18 de maio 2015

O adestrador granate non se fía do equipo canario e teme o ambiente e a calor no partido de ida da eliminatoria. Asegura que non especularán co resultado en La Palma e valora como importante que a volta se dispute en Pasarón

Luisito durante un adestramento do Pontevedra na Xunqueira Daniel Santomé

O Pontevedra coñeceu do resultado do sorteo do play-off de ascenso nada máis rematar o adestramento programado este luns na Xunqueira.

Sobre o terreo de xogo Luisito valorou o emparellamento ante o Mensajero "con moito respecto".

Á parte do medo ao avión que leva ao técnico de Teo a dicir que "particularmente non me gusta", o preparador valora os números do campión canario e espera "unha encerrona grande" no partido de ida no estadio Silvestre Meixela de La Palma.

Segundo recoñeceu Luisito tratará agora de reunir o maior número de informes posible do rival, pero "vin últimamente algún video e apreta moitísimo á xente, a grada está moi preto do campo e sabemos que haberá moitísima calor, teremos que aclimatarnos e ir coa mentalidad de gañar", declarou.

O que ten claro o responsable deportivo granate é que, a pesar do importante de contar coa volta na casa, o seu equipo non debe especular e si "ir a morte a polo partido, non vamos a ir a sacar un bo resultado, iremos a gañar".

Por último o adestrador do Pontevedra quixo evitar calquera comparación co enfrontamento que os granates disputaron hai un ano ante o Granadilla, equipo que asegura "chegou aquí con moitos problemas" no plano extradeportivo.