Luís Martínez reforza a defensa do Pontevedra

Pontevedra
22 de agosto 2022
Actualizado: 14:43

O central zurdo de 28 anos procedente do filial do Real Betis, que asina por dúas tempadas, adestrouse xa este luns ás ordes de Antonio Fernández

O Pontevedra ficha ao central Luis Martínez Pontevedra CF SAD

A falta dunha semana para o inicio de liga, o Pontevedra segue dando forma ao plantel que competirá en Primeira Federación. O central Luís Martínez é a última peza en poñerse ás ordes de Antonio Fernández despois de asinar un contrato por dúas tempadas.

O defensa rioxano de 28 anos militou as dúas últimas tempadas no filial do Real Betis, co que descendeu o ano pasado a Segunda Federación. A pesar da mala tempada, Martínez foi unha peza fundamental ao longo de todo o curso, no que disputou 29 partidos, titular en 25 deles e en case todos completou os noventa minutos de xogo.

Antes, o defensor defendera as cores de Atlético Sanluqueño, Villanovense, Écija, Areas de Getxo, Logroñés e Zaragoza B, sempre na categoría de bronce do fútbol español.

Coa chegada do zurdo Luís Martínez, o conxunto granate reforza unha das demarcacións máis debilitadas do seu actual plantel. Churre e Soto eran as únicas pezas confirmadas para o centro da defensa. Tendo en conta que Derik, que foi sumando minutos nos amigables, continúa aínda a proba.

A través das súas redes sociais, o rioxano declarou sentirse "moi feliz de unirme a este proxecto para as próximas dúas tempadas". Así mesmo lanzou unha mensaxe para toda a afección: "A traballar moi duro para lograr os obxectivos. Vémonos no Pasaron!", rematou.