A sede Afundación de Pontevedra albergará o vindeiro sábado 28 de setembro unha nova edición do xa tradicional 'Día do Adestrador'.
O evento, organizado polo Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), terá como novidade o formato de mesa redonda ademais de contar cun cartel de auténtico luxo.
Neste sentido, visitarán Pontevedra Luis de la Fuente, seleccionador español absoluto, campión da Nations League e da Eurocopa; Santi Denia, seleccionador español sub 21 e campión olímpico; Pablo Amo, adestrador asistente da Selección Española absoluta, e Antonio Vadillo, adestrador do Palma Futsal, campión das dúas últimas edicións da UEFA Futsal Champions League e nomeado mellor adestrador de fútbol sala do mundo.
O Comité Galego de Adestradores da RFGF aproveitará o evento para facer un recoñecemento aos adestradores de honra de fútbol, fútbol sala, fútbol praia e fútbol gaélico.
A inscrición para asistir a esta xornada xa está aberta e pode tramitarse a través do formulario desta ligazón.