A reconstrución do proxecto deportivo do Marín Futsal para o que será o seu terceiro curso na máxima categoría segue avanzando.
O club marinense confirmou ao que é a súa sétima fichaxe estival, coa incorporación da alacantina Lucía Serrano.
Trátase dunha xove ala-pivote que a pasada campaña defendeu a camiseta do Albacete FS.
A súa fichaxe "que segue a liña marcada polo club, de formar un equipo de xogadoras novas pero de moito talento", afirma o Marín Futsal.
Lucía Serrano únese desta forma a un plantel na que xa figuraban as tamén fichadas Ana Pinto, Débora Lavrador, Carolina Pedreira, Ana Cunha, Patricia Arruti e Daniela Rodríguez e o renovadas Café, Inés Mayán, Adriana Gómez e María Estevez. Ademais a xogadora da base María Domínguez adestrará este próximo curso co primeiro equipo.