Julio Rey, Rober Fernández, Sergio Cotilla e Pedro García estrean as renovacións no plantel do Arosa

O Salnés
29 de xullo 2020
Actualizado: 12:19

O capitán e canteirán arosista é o primeiro xogador para o novo proxecto deportivo que volverá dirixir desde o banco Rafa Sáez. O club espera conseguir a continuidade de boa parte do plantel da última tempada

Julio Rey, no partido de fase de ascenso entre Arosa e Ourense CF Real Federación Galega de Fútbol

A directiva do Arosa púxose ao choio para planificar a próxima tempada, na que aspirará a repetir presenza no play-off de ascenso a Segunda  B.

Tras confirmar a continuidade de Rafa Sáez ao mando da parcela deportiva, o club arlequinado comezou a reunirse cos futbolistas, coa intención de conseguir a continuidade de boa parte do plantel.

Neste sentido, o primeiro en renovar foi un dos capitáns e canteirán da entidade, Julio Rey, que afrontará así a súa quinta campaña na Lomba tras a súa volta.

Rey, reconvertido por Rafa Sáez en centrocampista un pouco máis atrasado da posición que adoitaba ocupar, viuse minguado a última campaña por unha lesión no cóbado.  Aínda así chegou a participar en 16 dos primeiros 18 encontros de liga, xogando 12 deles como titular e anotando un gol.

A el uníronselle este martes Rober Fernández, Sergio Cotilla e Pedro García, confirmando desta forma a parte do núcleo duro do equipo.

 

PRIMEIRAS BAIXAS

Así mesmo o Arosa comezou a anunciar este mércores as primeiras baixas deportivas. Neste apartado confirmou as saídas de Jorge Sáez, Miguel Dieste e de Suso.