Juan Antonio Saavedra di adeus ás súas opcións de medalla nos Xogos Paralímpicos

Pontevedra
14 de setembro 2016

O tirador pontevedrés non puido acceder á final de R6 carabina libre tendido, modalidade na que fora medalla en Londres, e despídese de Río de Janeiro coa amarga sensación de quedarse lonxe do seu obxectivo, pelexar polos postos de podio

Juan Antonio Saavedra durante unha competición Comité Paralímpico Español

Chegaba a Río de Janeiro cun obxectivo claro, pelexar polas medallas despois dunha boa tempada, pero despídese dos Xogos Paralímpicos cunha sensación amarga.

Juan Antonio Saavedra quedou este mércores fóra da final da proba R6 carabina libre tendido 50 metros, na que lograra a medalla de prata en Londres, e di adeus a cita olímpica.

O tirador pontevedrés finalizou no posto 12 a clasificación, con 613.9 puntos, lonxe dos oito primeiros que accedían á loita polas medallas.

A deste mércores era a proba na que Saavedra tiña depositadas máis esperanzas, tras quedar a só tres décimas da final na categoría de R3 Carabina tendida, na que competiu o pasado sábado.