Jessi 'Café' seguirá un ano máis no Marín Futsal

Pontevedra
29 de maio 2023

A de Café é a cuarta renovación no Marín Futsal, que aos poucos vai debullando a composición do persoal coa que competirá por terceiro ano consecutivo na máxima categoría do fútbol sala nacional

Jessi 'Café' no partido entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña

Importante movemento do Marín Futsal para apontoar o seu terceiro proxecto deportivo na máxima categoría do fútbol sala nacional.

O marinense anunciou este luns a renovación de "un dos piares do noso plantel".

Trátase de Jessi 'Café', tal e como explica a entidade da Raña "unha das xogadoras que conseguiu o ascenso a Primeira División e que segue confiando no noso proxecto".

Café "seguirá sendo un dos referentes" confiando "en que sexa a xogadora que guíe o equipo".

A de Jessi é a cuarta renovación no club da Raña tras as anunciadas previamente de Inés Mayán, María Estévez e Adriana, ademais da do adestrador Ramiro Díaz.