Jenifer Casal, Raquel Rodríguez, Jaime Sobrado e Óscar Graña xa teñen a súa praza no Mundial de distancia maratón

Pontevedra
18 de agosto 2019

A canoa de Pablo Crespo e Diego Romero consegue o primeiro posto na proba de xuveniles 19.000 metros, mentres que a de Tono Campos e Diego Romeron faino en sénior 26.000 metros

Segunda e derradeira xornada do Campionato de España de piragüismo en distancia maratón Diego Torrado

O río Lérez acolleu, este domingo, a segunda e última xornada do Campionato de España de piragüismo en distancia maratón, no que tomaron parte ao redor de 800 deportistas procedentes de diferentes zonas da xeografía nacional.

Despois das probas do día anterior, tanto de modalidade kaiak como canoa individuais, en categorías cadete, xuvenil, sub-23 e sénior, nas que as pontevedresas Jenifer Casal e Raquel Rodríguez remataron en primeira e segunda posición conseguindo o billete para o mundial de China, foi a quenda dos padeeiros de K1 e K2. A bordo do kaiak dobre, o poiense Jaime Dobarro fíxose coa vitoria en categoría absoluta, xunto co seu compañeiro Iván Alonso, e tamén co pase ao campionato do mundo. Ao mesmo campionato clasificouse o pontevedrés Jaime Duro trala súa vitoria no C1 sub 23.

Os primeiros en meterse na auga, ás 9:00 horas, foron os xuvenís masculinos de K2 en 22.600 metros, onde Felipe Dobarro e Manuel Rivas, do Club Naval de Pontevedra, acabaron en quinta posición. O ouro foi para Luís Álvarez e Óscar Borrego, do Zamora.

 A continuación, tomaron a testemuña os xuvenís masculinos de C2 en 19.000 metros, onde os pontevedreses (do Ciudad de Pontevedra) Pablo Crespo e Diego Piñeiro conseguiron o ouro despois de 1:26:47.13. Seguíronos Javi Ordóñez e Iago Romero, do Pontecesures, e os asturianos Pablo Fernández e Óliver Tatame. En cuarta posición chegaron Manu Alonso e Rodrigo Villaverde, tamén do Ciudad de Pontevedra.

Pola súa banda, o kaiak de Fátima Moreira e Adriana Quevedo cruzou a liña de meta en cuarta posición na proba xuvenil feminina de 19.000 metros

Estrela Campos e Iván Tomás, do Naval Pontevedra, finalizaron en cuarta posición a proba de categoría sénior K2 mixta de 26.200 metros e, finalmente, a canoa de Tono Campos e Diego Romero conseguiu o ouro en sénior 26.200 masculina.

Ademais, Manuel Garrido, Óscar Graña e Pedro Areal, os tres do Kayak Tudense, lograron clasificarse para o Campionato do Mundo de maratón, que se disputará o vindeiro mes de outubro en China.

Consulta todos os resultados do Campionato de España de piragüismo en distancia maratón.