Javier Gómez Noya e Iván Raña recibirán a Orde Olímpica do COE

Pontevedra
27 de novembro 2019

O comité executivo do Comité Olímpico Español aprobou na súa reunión deste martes por unanimidade conceder a súa máxima distinción aos dous triatletas galegos

Javi Gómez Noya, Iván Raña e Mario Mola na xornada previa ao ProTour de tríatlon Cristina Saiz

O Comité Olímpico Español (COE) outorgará a súa máxima distinción deportiva, a Orde Olímpica, a dous triatletas ligados estreitamente á cidade de Pontevedra, como son Javier Gómez Noya e Iván Raña.

Así o aprobou por unanimidade este martes o comité executivo do COE, reunido en Madrid.

Gómez Noya, ilustre veciño da Boa Vila, recibirá así una das poucas distincións que aínda non figuraban no seu palmarés. Dúas veces olímpico (Pequín e Londres) e cunha medalla de prata no seu haber, a de 2012, o triatleta atesoura cinco campionatos mundiais ITU en modalidade olímpica, dous mundiais Ironman 70.3, un mundial XTerra e o título do mundial de longa distancia celebrado este ano precisamente en Pontevedra.

Tamén recibirá a orde Olímpica o galego Iván Raña. O de Ordes, que durante anos tivo en Pontevedra o seu lugar habitual de adestramento, é un auténtico pioneiro neste deporte. Foi o primeiro campión mundial español (2002) e competiu nos Xogos de Sydney, Atenas e Pequín,

Ambos foron premiados pola súa importante contribución aos valores do olimpismo.

A entrega destas distincións terá lugar no transcurso da XIV Gala do Comité Olímpico Español que se celebrará o próximo 11 de decembro na sede do COE.