Javier Carballo, novo preparador físico do Club Balonmano Cisne

Pontevedra
16 de xullo 2023

A nova incorporación ao equipo técnico do Cisne é doutor en Ciencias da actividade física e do deporte, ademais de docente e investigador na Facultade de Ciencias do Deporte do campus pontevedrés

Javier Carballo, novo preparador físico do Cisne, deseñou un prototipo de ergómetro cando era estudante Universidade de Vigo

O Club Balonmano Cisne publicou en redes sociais a súa última incorporación ao equipo técnico. Trátase de Javier Carballo, doutor en Ciencias da actividade física e do deporte.

O novo preparador tamén exerce como docente e investigador na Facultade de Ciencias do Deporte no campus pontevedrés.

Segundo indica o propio Javier Carballo realizará tamén funcións de readaptador.

Na súa época de estudante foi campión de Europa de salvamento deportivo nas modalidades de sprint e bandeiras. Ademais elaborou, nesa mesma etapa, un ergómetro que simula o adestramento cunha piragua no mar para facilitar os adestramentos aos deportistas en días de mal tempo.