Javi Santana regresa por terceira vez para defender a portería do Teucro

Pontevedra
15 de xullo 2023

Con 43 anos xa cumpridos e unha dilatada traxectoria ás súas costas, o porteiro canario Javi Santana regresa ao Teucro por terceira vez na súa carreira deportiva para situarse baixo paus e poñer a súa experiencia ao servizo do conxunto azul

Santana detén un penalti no partido entre Teucro e Palma del Río Cristina Saiz

Con 43 anos xa cumpridos e unha dilatada traxectoria ás súas costas, o porteiro canario Javi Santana regresa ao Teucro por terceira vez na súa carreira deportiva para situarse baixo paus e poñer a súa experiencia ao servizo do conxunto azul.

Santana deixara o Teucro fai catro anos para enrolarse no equipo da súa terra, o San José Obreiro Lanzarote, en Primeira Nacional, mesma categoría na que se atopa o conxunto pontevedrés, que coa volta do canario consegue un dos seus obxectivos principais, reforzando un posto clave nun equipo necesitado de experiencia e veteranía, no que xa contaba coa aportación de Miguel Jiménez Pello e Martín Fernández.

O equipo que dirixe Irene Vilaboa afronta unha nova tempada na terceira categoría do balonmán nacional coa intención de subir un banzo o seu rendemento, mirando aos postos altos da clasificación. Para iso confíase nun Javi Santana que nos seus anteriores pasos polo conxunto teucrista callou grandes partidos, tanto en Asobal como en División de Honra Prata.