Javi Gómez Noya e Pablo Dapena cambian de adestrador

Pontevedra
10 de xaneiro 2022

Ambos os dous triatletas serán a partir de agora adestrador polo neozelandés Dan Plews en substitución do lugués Carlos David Prieto, poñendo así fin a unha longa relación que no caso de Gómez Noya inclúe tres dos seus cinco títulos mundiais en modalidade olímpica

Pablo Dapena e Javi Gómez Noya no Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia en Pontevedra Xan Xiadas

A tempada empeza cun importante cambio para as dúas principais figuras do tríatlon local como son Javier Gómez Noya e Pablo Dapena.

Ambos os dous triatletas puxeron fin a etapa con Carlos David Prieto como adestrador, técnico que lles preparou nos últimos anos e que, no caso de Gómez Noya, acompañoulle en tres dos seus cinco títulos mundiais en modalidade olímpica e o Mundial de Longa Distancia de Pontevedra, do mesmo xeito que da prata de Dapena nesta cita ou do seu ouro mundial en 2018.

Finalizada esta etapa o lucense centrarase a partir de agora no seu labor de director deportivo da Federación Galega de Tríatlon.

No seu lugar o novo adestrador tanto de Gómez Noya como de Dapena será o neozelandés Dan Plews.

Foi o propio adestrador oceánico, especialista na longa distancia, o que deu oficialidade ao seu novo papel como adestrador do triatleta máis laureado da historia ao publicar nas súas historias da rede social Instagram que "é impresionante conseguir o primeiro triunfo con Gómez Noya", en alusión á vitoria conseguida este domingo no Ironman 70.3 de Pucón, en Chile.