Primeiro test serio da tempada para Javi Gómez Noya, que se atopa xa en Dubai para afrontar o seu debut en competición en 2017.
O triatleta galego participará o vindeiro venres 27 de xaneiro no Ironman 70.3 de Dubai, e farao cun obxectivo, lograr a clasificación para o mundial da especialidade que se disputará en setembro.
Gómez Noya xa se impuxo no Mundial Ironman 70.3 no ano 2014, unha modalidade de media distancia que se compón de 1,9 quilómetros a nado, 90 quilómetros a bicicleta e 21,1 quilómetros de carreira a pé.
Máis aló de buscar a clasificación, a cita será tamén un test de preparación pensando no comezo das Series Mundiais, que volverán a escena a primeira fin de semana de marzo precisamente nos Emirátos Árabes, en Abu Dhabi, e cuxa reconquista será o seu principal obxectivo da tempada.
Javi Gómez Noya afronta o medio Ironman de Dubai despois de tres duras semanas concentrado en Lanzarote, no Club La Santa, convertido durante a pretempada no cuartel xeral do tríatlon pontevedrés.