Jacobo Ucha acaba primeiro e Irene Trabazo segunda na Copa Galicia de Ciclocrós de Marín

Marín
13 de outubro 2019

A choiva chegou á Copa Galicia de Ciclocrós. Esta fin de semana celebrouse en Marín a segunda xornada do certame autonómico onde se roldaron os 400  incritos

Ciclocrós XaxánCX 2019 en Marín Diego Torrado

A choiva chegou á Copa Galicia de Ciclocrós. Esta fin de semana celebrouse en Marín a segunda xornada do certame autonómico onde se roldaron os 400 incritos.

O XSM- Escola estreouse como organizador dun evento de Ciclocrós e á anfitrioa do circuíto, Irene Trabazo, resistíuselle a vitoria na proba feminina. A marinense non puido coa portuguesa Ana Santos que respondeu impoñendo o seu ritmo ao ataque inicial da sub23 galega e terminou exhibíndose nas cinco voltas a un trazado de 2,7 quilómetros de lonxitude. O seu compatriota, Rafaela Ramalho, fíxose coa terceira praza superando ao sprint a Laura Capa ( Farto).

Pola súa banda, Jacobo Ucha fixo o seu na competición elite e na sub23 masculina, seguido do luso Vítor Santos e de Jorge Punzón, que conseguiu unha meritoria remontada tras recuperarse dunha caida sufrida na primeira volta.

Os outros triunfadores da xornada como gañadores das súas categorías foron: Uxía Soto (Avanza) e Ricardo Buba (Coruxo) en cadetes; Miguel Rodríguez (Ponteareas) nos juniors; Jorge Suárez (Supermercados Froiz) nos sub23; Xoana Regueira (Salvaterra) nas elites; Rocío Blanco (A Forna) e Darío Otero (Compostelano) en máster-30; Rogerio Matogueiras nos máster-40; Isabel Castro (Condado Bike) nas máster-40/50; Antonio Sousa nos máster-50 e Manuel González Ojea (Bici Ou Con) nos máster-60.

Con estes resultados, as camisolas da Copa Galicia cambiaron de posuidor nos cinco rankins. Xoana Martínez sitúase á fronte das elites, Uxía Soto en cadetes, Marcos Maio (Noela) nos máster-40, Miguel Rodríguez encabeza os juniors e, nos máster-30, Darío Otero está igualado a puntos con Ándrés Calvete (Monte Xalo).

O resto de categorías seguen tendo como dominadores ao cadete Buba; ao júnior Santos; en sub23 a Trabazo e a Suárez;na elite a Ucha; na máster-30 a Blanco; na máster-40 a Ronsel Lago ( Bike Ou Facho); na máster-50 a Sousa e na máster-60 a González Ojea.

A Copa Galicia descansa agora ata novembro para regresar con forza na terceira xornada o 1 de novembro en Culleredo e ao día seguinte disputarase a cuarta no circuíto ferrolán de Esmelle.