Iván García logra o bronce no Open de Turquía de Taekwondo

Pontevedra
18 de febreiro 2019

Pola súa banda, Sara Cortegoso e  Arlet Ortiz quedaron ás portas do podio tras caer nos cuartos de final da competición  

Iván García na entrega de medallas do Open de Turquía de taekwondo Federación Galega de Taekwondo

O Open de Taekwondo de categoría G2 celebrado esta fin de semana en Turquía, trouxo unha medalla para o taekwondo pontevedrés da man de Iván García, única medalla galega deste Open. Pola súa parte, Sara Cortegoso e Arlet Ortiz quedáronse as portas do podio tras caer en cuartos de final da competición.

Iván (-87, Mat's de Marín) comezou a competición sendo moi superior ao seu opoñente, o turco Ali Bicakci ao que derrotou por 5-25. En segunda rolda esperáballe outro competidor do país anfitrión e aínda que foi un combate máis complicado para o do Mat's, conseguiu gañar sen excesivos problemas (5-12). En cuartos de final o seu rival foi Iván Konrad Trajkovic (Eslovenia). Tratouse dun combate máis duro e axustado onde o deportista galego comezou mandando no marcador pero o esloveno conseguiu remontarlle. Finalmente, Iván García púidose repoñer garantindo así a medalla de bronce (10-12). En semifinais enfrontouse a Davronbek Azimov (Usbequistán) onde quedou a tan só 2 puntos do seu rival, que acabou campión do torneo.

Pola súa banda, Sara Cortegoso(-46, Mace Sport de Pontevedra) estivo preto do podio tras conseguir chegar aos cuartos de final pero quedou eliminada pola turca Filiz Ogel (24-17)

Arlet Ortiz (-57, Mat's de Marín) tamén quedou ás portas do podio tras facer un bo campionato e caer eliminada nos cuartos de final por Fernanda Aguirre (Chile) onde todo decidiuse no punto de ouro que finalmente se decantou a favor da chilena (0-1).