Iván García, distinguido coa 'insignia olímpica' na Gala de Premios Nacionais de Taekwondo

Marín
08 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O deportista marinense, que quedou ao bordo da clasificación para os Xogos Olímpicos de Madrid, foi recoñecido na Gala de Pemios Nacionais organizaada pola Real Federación Española de Taekwondo

Iván García (dereita) na Gala de Premios Nacionais da Real Federación Española de Taekwondo Real Federación Española de Taekwondo

Unha lesión no xeonllo cando tiña na súa man a clasificación para París 2024 marcou a tempada de Iván García, pero o esforzo do marinense non pasou desapercibido.

O deportista do Mat's recuperouse e chegou a rozar a praza olímpica, e desde entón segue acumulando resultados destacados como a medalla de ouro conseguida esta pasada fin de semana no Open de España de categoría G1 celebrado na Nucía, Alacante, na categoría de +87 quilos.

Todo iso valeulle o recoñecemento na Gala de Premios Nacionais da Real Federación Española de Taekwondo organizada paralelamente ao Open de España.

Nela Iván García foi un dos deportistas galardoados coa 'Insignia Olímpica' do Comité Olímpico Español, xunto a Hugo Arillo, Cecilia Castro, Jon Andoni Cintado, Jone Magdaleno, Joan Jorquera e Adrián Vicente. Ademais foron elixidos como mellores deportistas do ano na modalidade de combate Adriana Cerezo e Hugo Arillo.

No Open de España tamén subiu ao podio en categoría absoluta outra deportista do Mat's de Marín, Arlet Ortiz, ao conseguir o bronce na categoría de -57 quilos.

Ademais Ekaterina Rebón (Número Phi) conseguiu un ouro en categoría júnior e Ángela Balado (Mat's) foi bronce en idade cadete.