Iván García, bronce no Campionato de Europa Sénior de Taekwondo

Pontevedra
11 de abril 2021

O taekwondista do Mat's de Marín, Iván García, logrou este domingo a medalla de bronce no Campionato de Europa Sénior de Taekwondo celebrado na capital búlgara, Sofía. Pola contra, Sara Cortegoso quedou eliminada en primeira rolda ao perder coa rusa Larisa Mevedeva

Iván García coa medalla de bronce no Campionato de Europa Sénior de Sofía Federación Galega de Taekwondo

O taekwondista do Mat's de Marín, Iván García, logrou este domingo a medalla de bronce no Campionato de Europa Sénior de Taekwondo celebrado na capital búlgara, Sofía. Pola contra, Sara Cortegoso quedou eliminada en primeira rolda ao perder coa rusa Larisa Mevedeva o venres.

Iván García pechou o europeo cun valioso terceiro posto. O de Marín, que chegaba con "moi boas expectativas" ao seu primeiro Europeo Sénior, mostrou un espectacular estado de forma e logrou a súa primeira medalla continental.

En primeira rolda venceu a Dejan Georgievski (Macedonia) nun combate complicado no que Iván non se atopou cómodo pero aproveitouse do marcador para facer a vitoria final por 24-11.

En cuartos de final, enfrontouse ao ouro olímpico en Río e Campión do Mundo Radik Isaev (Acerbaián), igual que fixo na final do Open de Turquía e, usando as mesmas armas, impúxose por 16-19.

Xa en semifinais, as varias veces campión de Europa, o bielorruso Arman- Marsha Silla, noqueó a Iván, que se fixo co bronce.

Pola súa banda, a pontevedresa do Mace Sport, Sara Cortegoso, quedou sen opcións xa en primeira rolda, perdendo coa rusa Larisa Medvedeva, campioa de Europa sub-21 en 2019. A loita estivo axustada ata os instantes finais, nos que a rusa se escapou 16-10.

Cortegoso recoñece que non tivo boas sensacións e que non estaba moi satisfeita co resultado e xa pensa en "seguir adestrando e corrixindo os erros cometidos".