Intensa xornada de orientación no Pontillón do Castro coa V Woman Raid

Pontevedra
19 de decembro 2021

Trekking, BTT, orientación específica OP, pádel surf, zancos e memoria foron as principais competicións nas que participaron os deportistas, destacando case un 50% de participación feminina

V Woman Raid no Pontillón do Castro Cristina Saiz

A contorna do encoro do Pontillón do Castro acolleu este domingo a V Woman Raid, que comezou ás 10:30 horas e ocupou gran parte da xornada.

A carreira de orientación, organizada polos clubs Habelas Hainas e Xesta Natureza co apoio de programa Muller e Deporte do Consello Superior de Deportes (CSD) e das federacións Española e Galega de Orientación, reuniu un total de 120 deportistas que gozaron dunha intensa xornada deportiva.

Trekking, BTT, orientación específica OP, pádel surf, zancos e memoria foron as principais competicións nas que participaron os deportistas, destacando case un 50% de participación feminina.