"Inmellorable" peche de tempada para o Supermercados Froiz coa Vuelta a Extremadura

Pontevedra
26 de outubro 2020

A tempada chegou ao seu fin para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz. Tras unha fin de semana de competición onde disputaron a Vuelta a Extremadura, desde o club cualifican este peche como "inmellorable"

O Supermercados Froiz na Volta a Extremadura Grupo Deportivo Supermercados Froiz

A tempada chegou ao seu fin para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz. Tras unha fin de semana de competición onde disputaron a Vuelta a Extremadura, desde o club cualifican este peche como "inmellorable".

A rebautizada Vuelta Tajo Internacional comezou o sábado con 120 quilómetros que percorrer. No quilómetro 50 de carreira produciuse unha escapada de 10 corredores entre os que ía o deportista da escuadra alimenticia, Marcos Jurado.

Aguantaron tras o paso do primeiro porto, pero Samuel Blanco e Mauricio Moreira saltaron do pelotón e uníronse ao grupo ata chegar á ascensión ao último porto. Aaron Mariño saltaba tamén para unirse a cabeza e atacou ao grupo índose en solitario, pero a falta de 3 quilómetros a meta neutralizárono. 

Despois tentárono tentárono Samuel e Marcos, pero os compañeiros non lle deixaban vantaxe e a vitoria decidiuse ao sprint deste grupo sendo vencedor Francisco Rus (Aluminios Cortizo) e Samuel Blanco cuarto.

O domingo chegou a segunda e última etapa, onde os ciclistas do Froiz tiveron que pelexar contra choiva e vento para percorrer os 150 quilómetros que tiñan por diante.

Saíron cun ritmo moi alto e, nun cambio de dirección, aproveitaron para tensar a carreira e eliminar ao líder.

O equipo foi paciente e co vento que había, era difícil probalo para  poder escaparse en solitario ata o último  repecho. Samuel Blanco tentouno atacando no devandito momento, pero estaba moi controlado polo líder. Así, Marcos Jurado tentouno xa que se atopaba a 7 segundos do líder e sendo menos marcado, conseguiu irse cun grupo e chegar a 58 segundos do vencedor de etapa e gañar a xeral da carreira sendo cuarto en liña de meta. Tamén o seu compañeiro Abel Franco foi segundo en  linea de meta e Samuel Blanco terceiro na xeral.

En canto á clasificación xeral, a escuadra alimenticia tamén levou a clasificación por equipos. "Gran traballo de todo o equipo dando un día de espectáculo ciclista difícil de esquecer e unha maneira moi bonita de pechar esta tempada", destacan desde o club.