A inglesa Sofía Tatu e o balear Marc Navarro inscriben o seu nome no Internacional Cadete de Sanxenxo

Sanxenxo
28 de outubro 2024
Actualizado: 17:06

O peche do Torneo Internacional Cadete puxo fin a quince días de actividade tenística no CCD Sanxenxo

Marc Navarro, no Torneo Internacional Cadete de Sanxenxo Juan Caballero

A actividade tenística tómase un respiro no Círculo Cultutal Deportivo (CCD) de Sanxenxo tras dúas intensas semanas de emocionante competición internacional.

Primeiro foi o seu clásico Torneo ITF Júnior, e os últimos días deulle continuidade o Internacional Cadete.

A categoría masculina contou con triunfo nacional, ao vencer o mallorquino Marc Navarro.

O deportista balear tombou na final o suízo Alexander Groet, que apenas puido reaccionar ante a intensidade do seu rival. O partido pechouse de feito cun claro 6-0 e 6-2.

Navarro fixo dobrete en Sanxenxo, xa que tamén levou a final de dobres masculino disputada o venres, facendo parella co madrileño Pablo Martín.

Sofía Tatu, no Torneo Internacional Cadete de SanxenxoJuan Caballero

Pola súa banda no cadro feminino a gran protagonista foi a tenista británica Sofía Tatu.

A inglesa xogaba a gran final contra a portuguesa Matilde Novaís nun partido que tivo que decidirse en tres sets. Eran a cabeza de serie número 1 e o número 2 do torneo.

Tatu fixo valer a súa condición de favorita cun tenteo de 6-2, 4-6 e 6-4.