Imanol García, mediocentro que vén do Córdoba, primeira fichaxe do Pontevedra

Pontevedra
29 de xullo 2020

Nunha xornada que está a resultar frenética, ante a avalancha de novidades, o Pontevedra Club de Fútbol confirmou a través das súas redes sociais o nome da primeira fichaxe para a tempada 2020-2021. Trátase do mediocentro Imanol García

Imanol García, na súa etapa no Córdoba Córdoba CF

Nunha xornada que está a resultar frenética, ante a avalancha de novidades, o Pontevedra Club de Fútbol confirmou a través das súas redes sociais o nome da primeira fichaxe para a tempada 2020-2021. Trátase do mediocentro Imanol García.

O xogador navarro, que ten 24 anos, chega procedente do Córdoba, equipo no que militou esta tempada no grupo IV da Segunda División B.

Nas filas do club andaluz, Imanol xogou 26 partidos este ano e anotou un gol.

Formado na canteira do Osasuna, equipo co que chegou a debutar en Primeira División, nos últimos anos xogou tamén co Vilarreal B en Segunda B e co Osasuna e con Nástic de Tarragona en Segunda División.