Igor Irazu promete competencia na defensa granate: "Vou tentar pelexar o meu posto"

Pontevedra
27 de novembro 2024
Actualizado: 17:58

O defensor do Pontevedra, que encadeou dúas titularidades consecutivas entre Copa e Liga, asegura que "tiña ganas de xogar para poder demostrar o meu nivel"

Igor Irazu, nun adestramento do Pontevedra Pontevedra CF SAD

Apenas gozou protagonismo no tremo inicial da tempada, pero de súpeto Igor Irazu irrompeu con forza no Pontevedra Club de Fútbol.

Iguel que impoñentes que os seus case dous metros de estatura (1,97) foron as súas dúas titularidades consecutivas, contra o Levante na Copa do Rei e fronte á UD Llanera nun choque moi complicado polas características do terreo de xogo.

"Tiña ganas de xogar para poder demostrar o meu nivel", recoñeceu o defensor este mércores nunha rolda de prensa celebrada antes de coñecer que o Vilarreal sería o rival na segunda rolda copeira.

"Eu vin aquí a achegar o que tiña que achegar, e vou tentar pelexar o meu posto. Viña sabendo que a defensa ía ser máis ou menos a do ano pasado, pero ao final cando vés a un equipo tentas traballar e cando chegue a túa oportunidade estar preparado para render e complicar o posto aos demais", explicou.

Igor defendeu ademais a profundidade do plantel, xa que "todos imos xuntos cara a un obxectivo, que é ascender, e os que están no banco esperan o seu momento para saír a achegar. Viuse que hai banco para poder rotar e manter o nivel".

O futbolista do Pontevedra desexou ademais que a afección se enganche cada vez en maior número ao equipo aproveitando o impulso da Copa do Rei.

"Coa ilusión que hai agora mesmo, eu creo que a xente se vai a enganchar e a medida de que vaia pasando as xornadas e todo vaia mellor, estarán connosco", concluíu o xogador granate.