Milleiros de persoas botáronse á rúa en Madrid este luns para festexar o título de campioas do Mundo da Selección Española, unhas celebracións que gozou ao máximo a pontevedresa Teresa Abelleira.
Desde a chegada ao aeriopuerto Adolfo Suárez Madrid-Barallas, o apoio ás futbolistas foi máximo, cun espectacular roteiro en autobús de teito aberto ata chegar ao escenario instalado na chaira Puente del Rey, en Madrid Río, repleta de afeccionados.
Levaban varias horas con actuacións musicais como as de Vicco, Camela, Farga, Michenlo e Juan Magán, pero todos esperaban ás protagonistas.
Chegaron xa de noite, para continuar coa festa.
Alí estaba como non Tere Abelleira, "o auténtico metrónomo da selección, sentándo cátedra na medular, desde o barrio da Caeira", anticipou o presentador do acto para dar entrada á centrocampista, enfundada nunha bandeira de Galicia e con outra de España na man.
Discursos á afección, cánticos e moitos sorrisos acompañaron o evento, no Tere deixou unha das imaxes da xornada como fotógrafa oficiosa do plantel de futbolistas. Así, móbil en man, foi a encargada de facer o 'selfie' de despedida, con todas as xogadoras e corpo técnico, e con todos os seguidores detrás.
¡¡No puede haber fin de fiesta sin selfie de @teresabelleira!!
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 21, 2023
Ha sido una auténtica pasada, MADRID.
#JugarLucharYGanar | #CampeonasDelMundopic.twitter.com/nBMMyVkItk
Honras para merecidos para as heroínas.
A Teresa quédalle agora tamén recibir o agarimo dos seus veciños pontevedreses, cunha recepción oficial que tentan xa organizar desde o Concello de Pontevedra pero que está aínda pendente da axenda e compromisos da futbolista.