Pontevedra ofrecerá unha recepción a Tere Abelleira: "Queremos que toda a cidade estea presente e lle manifeste o noso orgullo"
Por Diego Espiño
A Boa Vila presume de campioa do Mundo con Teresa Abelleira, tras o triunfo de España este domingo na final do Mundial.
Ademais da emoción de familiares, amigos e afeccionados polo triunfo, en especial na Ferrería onde se instalou unha pantalla xigante, tamén diversas autoridades felicitaron á futbolista.
Entre elas estaba o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, quen confirmou tras o encontro que "estamos agardando a que volva a Pontevedra para facerlle unha recepción na que queremos que toda a cidade estea presente e lle manifeste o noso orgullo", explicou.
Lores mostrouse orgulloso da súa paisana "polo que ten conseguido, que nos pon a Pontevedra no mapa. "É unha pontevedresa que se formou en Pontevedra nas categorías de base, proclamouse campiona do Mundo coa Selección Española, polo tanto convírtese na mellor xogadora de fútbol que ten a cidade de Pontevedra", defendeu o rexedor.
O alcalde asegura que "xa lle transmitín por wasap e todas as vías e a ela persoalmente o orgullo que sentimos todos os pontevedreses polas súas fazañas".
A recepción oficial a Tere Abelleira dependerá en todo caso da axenda da futbolista, que este luns viaxará desde Sydney, facendo ecala en Doha, co resto da expedición española para aterrar, segundo o horario previsto, ás 22.00 horas da noite en Madrid.
Alí seguirán as celebracións e compromisos oficiais antes de regresar definitivamente a casa, a Pontevedra, onde ten previsto descansar uns días antes de poñerse a preparar a nova tempada deportiva co Real Madrid.
Relacionadas:
-
O PSOE, a favor de nomear a Tere Abelleira Filla Predilecta e de "calquera proposta que supoña un recoñecemento"
Por Natalia Puga |
-
O PP solicita formalmente que Tere Abelleira sexa Filla Predilecta de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Fixada para este xoves na Praza da Pedreira a recepción pública do Concello a Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
A Deputación convida os clubs da provincia á súa propia homenaxe a Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
Honras para España e para Tere Abelleira, "o auténtico metrónomo da Selección"
Por Diego Espiño |
-
A falta de equipos, principal obstáculo do fútbol feminino pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
As redes sociais enchen de felicitacións a Tere Abelleira
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, campioa do mundo con España tras derrotar a Inglaterra na final (1-0)
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Os pontevedreses apoian con todo a Tere Abelleira na final do Mundial
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A familia de Tere Abelleira, emocionada co Mundial: "Non son capaz de nin falar do contenta que estou"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- A Tere Abelleira máis persoal: "A miña nai leva tempo dicindo que vai traer de aniversario a copa"
Por Diego Espiño |
-
Haberá pantalla xigante "probablemente na Ferrería" para apoiar a Tere Abelleira na final do Mundial
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, tras clasificarse para a final do Mundial: "Acórdome moito da miña familia, que está aí cada día"
Por Diego Espiño |
-
Á final! A España de Tere Abelleira vence a Suecia e xogará por gañar o Mundial (2-1)
Por Diego Espiño |