Homenaxe provincial a Martín Bouzas, "la mayor promesa del ciclismo español"

Pontevedra
27 de outubro 2016

O ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz foi recibido este xoves pola presidenta provincial, Carmela Silva, a quen lle regalou unha réplica do maillot que lle acredita como Campión de España Sub-23 contrarreloxo

Recepción ao ciclista do Froiz Martín Bouzas na Deputación
Recepción ao ciclista do Froiz Martín Bouzas na Deputación Mónica Patxot

Con só 18 anos converteuse en "la mejor promesa del ciclismo español", recoñeceu o seu director, Evaristo Portela.

Martín Bouzas, ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, recibiu este xoves a homenaxe da Deputación de Pontevedra despois da súa gran tempada, na que se proclamou campión de España Sub-23 contrarreloxo no seu primeiro ano na categoría e na que chamou a atención dos grandes equipos do pelotó internacional.

"Todos los equipos, desde Movistar o Trek, lo quieren llevar", recoñece Portela. De feito co segundo puido gozar dunha concentración de grandes talentos internacionais coa que demostraron que lle seguen de preto.

A pesar diso "de momento ha apostado por el Froiz, no moverse y crecer dos o tres añitos con nosotros", sinala orgulloso o seu director despois dunha tempada marcada polas caídas que lles impediron loitar por algúns dos seus grandes obxectivos.

Bouzas mostrouse agradecido polo recibimento e polo apoio que presta a institución provincial ao seu equipo e que lle permite "viajar cada semana por España y estar en las grandes carreras".

O ciclista galego aproveitou o acto para entregarlle unha réplica do seu maillot de campión de España sub-23 á presidenta provincial, Carmela Silva.