Homenaxe a Cristian Fernández en Poio polo seu ouro no Mundial de Acuatlón

Poio
04 de maio 2023

O deportista poiense, flamante campión mundial de acuatlón, foi recibido este xoves polo alcalde e membros da corporación local, nun acto no que se lle fixo entrega dunha metopa e dunha bandeira do municipio  

Recepción do Concello de Poio a Cristian Fernández tras proclamarse campión mundial de acuatlón
Recepción do Concello de Poio a Cristian Fernández tras proclamarse campión mundial de acuatlón / Concello de Poio

Non todos os días pódese celebrar un ouro Mundial. Por ese motivo o Concello de Poio rendeu homenaxe este xoves nun acto institucional ao seu veciño Cristian Fernández Nieto, tras proclamarse o pasado luns en Eivissa campión do Mundo de acuatlón.

"Cristian é un dos nosos mellores embaixadores máis aló das nosas fronteiras e un exemplo a seguir, compaxinando a súa actividade deportiva coa profesional", sinalou o alcalde do municipio, Luciano Sobral.

Ademais do rexedor e do deportista participaron no acto a edil de Deportes, Marga Caldas, e representantes de todos os grupos que compoñen a corporación local.

"O Concello transmite o seu recoñecemento a Cristian, quen sen lugar a dúbidas continuará acadando moitos máis éxitos no futuro", asegurou Sobral.

Pola súa banda o protagonista da xesta sinalou na homenaxe que "para min é un pracer e un orgullo levar o nome do meu concello por todo o mundo".

Cristian Fernández recibiu de mans do alcalde unha metopa e unha bandeira do municipio, e tamén estampou a súa firma no libro de honra do Concello de Poio.