Nun ambiente de gala no campo da Senra o Ribadumia venceu o Rápido Bahía (2-0) para certificar matematicamente un histórico ascenso a Terceira División a falta dunha xornada para o final da competición.
Os de Gabi Leis, conscientes do que estaba en xogo, saíron dispostos a non desaproveitar a oportunidade e selar canto antes o salto de categoría despois de estar na cabeza da liga durante boa parte da tempada.
Así, os locais adiantáronse pronto no marcador grazas a un gol de Bistilleiro aos 18 minutos, vantaxe que se ampliaría pouco despois, aos 24 minutos, cun tanto en propia porta de Colmenero.
O Ribadumia soubo a partir dese momento tranquilizar o nerviosismo para asegurar os tres puntos e desatar a loucura nas bancadas da Senra.
A falta dunha xornada os de Gabi Leis mantéñense no liderado cun punto de vantaxe sobre o Sanxenxo e sete sobre o terceiro, o Villalonga.
RIBADUMIA CF (2): Pajarillo, Pacheco, ÿscar Río, Martín, Fajardo, Bistilleiro (Segura, min.86), Daniel (Manu Nieto, min.89), Fernando, Sylla (Pablo Porta, min.89), Changui, Álex Gómez (Iago Paz, min.67).
RÁPIDO BAHÍA CF (0): Rodas, Colmenero, Diego Paz, Félix, Lino, Álex, Diego, Stefan (Joaquín, min.69), Adrián, Baptiste (Eric, min.78), Roberto (Rubén, min.86).
Árbitro: Villanueva Carballo. Amoestou a Martín e Bistelleiro nos locais e a Félix e Rodas nos visitantes.
Goles: 1-0 Bistilleiro, min.18; 2-0 Colmenero en propia puerta, min.24.
Incidencias: Partido disputado no campo da Senra, Ribadumia.