Guille Juncal (PP): "Si no hay dinero para pagar grandes eventos y a los clubes deportivos la prioridad deben ser los clubes"

Pontevedra
06 de febreiro 2020

O edil popular criticou este xoves en rolda de prensa ao concelleiro de Deportes, Tino Fernández tras as explicacións que este ofreceu sobre o estado das axudas ás entidades deportivas do municipio

Guille Juncal, concelleiro do Partido Popular en Pontevedra Partido Popular de Pontevedra

As explicacións do concelleiro de Deportes, Tino Fernández, sobre o estado no que se atopa a tramitación das subvencións ás entidades deportivas do municipio motivaron este xoves as críticas da oposición.

En concreto Guille Juncal, edil do Partido Popular, sinalou que a intervención de Fernández supuxo un "exercicio de cinismo" explicando que aínda non se abonaron as axudas de 2019 (tempada 17-18) nin se convocaron as de 2020, o exercicio en curso.

"Los clubes me transmiten que está haciendo un ejercicio titánico para sobrevivir", asegura Juncal, para quen desde o goberno local "prefieren tener una partida de 550.000 euros para grandes eventos".

Con todo na súa opinión "si no hay dinero para pagar grandes eventos y a los clubes deportivos la prioridad deben ser los clubes", concluíu.

RESPOSTA DO CONCELLEIRO DE DEPORTES

Tras esta comparecencia o edil de Deportes recoñeceu o erro á hora de explicar as partidas que xa se abonaron e cales quedan pendentes, confirmando en todo caso que "a do 19 convocarase inmediatamente cando se saque a do 18".

Tino Fernández pediu comprensión neste asunto porque "estaban todas sen pagar desde o 16" e "estamos facendo un esforzo para poñernos ao día".