O Supermercados Froiz, liderado por Gonzalo Inguanzo, conseguiu dobre podio nos campionatos de ciclocrós disputados esta fin de semana en Burgos.
O sábado celebrouse na XVII Ciclocrós Ciudad Medina de Pomar, onde o cántabro do equipo conserveiro fíxose co primeiro chanzo en categoría sub23 cun tempo de 1:02:46. Ademais, ese resultado valeulle para ser terceiro na xeral, só por detrás de Felipe Orts, do Burgos BH (1:00:49) e de Kevin Suárez, do Nesta (1:01:59).
Pola súa banda, o domingo o ciclista do Supermercados Froiz participou na XVII CX Villa de Villarcayo, onde parou o cronómetro en 1:02:39 e conseguiu a mesma posición que o día anterior. O podio, á súa vez, completárono Felipe Orts (1:00:49) e Kevin Suárez (1:00:49).
Ambas as probas estiveron marcados por unha pista bastante seca e un circuíto moi rápido onde Inguazo dominou os puntos técnicos para facer unha gran carreira para ser o mellor da súa categoría.