Gómez Noya queda ás portas do podio nas Series Mundiais de Yokohama

Pontevedra
18 de maio 2019

O triatleta galego finalizou na cuarta posición da proba, mentres que o ouro foi para o francés Vicent Luis, que se afianza como líder da competición internacional

Gómez Noya nas Series Mundiais de Yokohama Delly Carr / ITU Media

Tan só dúas semanas despois de conseguir o ouro no Mundial de Pontevedra, Javi Gómez Noya viaxou a Xapón para enfrontarse á segunda proba correspondente ás Series Mundiais da modalidade. As rúas da cidade de Yokohama formaron, nesta ocasión, o traxecto da competición.

Tras a proba feminina, na que Katie Zaferes sumou a súa terceira vitoria consecutiva, foi a quenda do grupo masculino, con Mola, Alarza, Hernández e Serrat, ademais de Noya en el equipo nacional. Ao redor das 6:00 horas (españolas) deste sábado deron o pistoletazo de saída para comezar cos 1.500 metros de natación. O primeiro en saír da auga foi Henri Schoeman, mentres que o galego facíao noveno, seguido, a oito segundos, por Antonio Serrat. Javi Gómez recibiría neste primeiro tramo un golpe no beizo que lle ocasionaría problemas durante o percorrido restante.

Moi rapidamente, varios triatletas, con Noya na cabeza, formaron un grupo que pasou con 23 segundos de vantaxe por diante dos perseguidores da primeira volta. Neste punto, ocurriulle a Mola o mesmo que en Bermudas, perdendo moitas posibilidades na carreira.

Nos últimos 10 km a pé comezou a decidirse todo. Con Vicent Luis na primeira praza, seguido polo galego e catro triatletas máis, entre os que non se atopaba ningún outro español, loitaban polas medallas. Aos poucos, o grupo estaría formado por menos homes, que se irían quedando máis atrás. Nos últimos quilómetros, catro atletas, Schoeman, Luis, Noya e  Bicsák, aguantaban nos primeiros postos. Con todo, na volta definitiva, o español quedou un pouco descolgado, o que supuxo que quedase ás portas do podio na cuarta posición, cun tempo de 01:43:38.

Por detrás do francés, chegaron Schoeman (01:43:24) e Bicsák (01:43:26).

Consulta as clasificacións da segunda proba das Series Mundiais de Tríatlon.