Gómez Noya gaña o Challenge Cancún e Saleta Castro finaliza quinta

Pontevedra
02 de maio 2021

Levaban máis dun ano sen competir e regresaron da mellor forma no Challenge de Cancún. Javier Gómez Noya impúxose con claridade, chegando á meta con máis de cinco minutos de diferenza co segundo clasificado, Ruedi Wild. Pola súa banda, Saleta Castro non alcanzou o podio e quedou quinta

Gómez Noya (medio) no Challenge Cancún Challenge Cancún

Levaban máis dun ano sen competir e regresaron da mellor forma no Challenge de Cancún. Javier Gómez Noya impúxose con claridade, chegando á meta con máis de cinco minutos de diferenza co segundo clasificado, Ruedi Wild. Pola súa banda, Saleta Castro non alcanzou o podio e quedou quinta.

A preparación dos Xogos Olímpicos de Tokio para Gómez Noya pasou esta fin de semana por México, onde arrasou na súa primeira competición do ano.

Saíu da auga en terceiro lugar, despois de percorrer 1,9 quilómetros. A proba en bicicleta foi mellor para el, percorrendo en solitario ata que foi superado por Andy Potts a falta de 30 quilómetros para o final.

Xa na carreira a pé, non tivo competencia. O pontevedrés apertou para chegar en 3:45:36, seguido de Ruedi Wild (3:50:37) e Andy Potts (3:51:13).

Saleta Castro, en cambio, logrou unha quinta praza despois de remontar posicións na carreira a pé.

Saíu da auga en 31:07, a carreira en bicicleta fíxoa en 2:34:32 e, por último, a carreira a pé concluíu en 1:35:14. En total, un tempo 4:45:43 , a tan só 9 segundos da cuarta clasificada, Adriana Carreño.