Gómez Noya ficha pola Ximnástica para preparar os Xogos Olímpicos de Tokio

Pontevedra
27 de marzo 2021

O pentacampeón do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, regresa ás filas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra para preparar os Xogos Olímpicos de Tokio 2021. O triatleta elixiu o club branquiazul para estar federado e competir nas probas de atletismo, que lle servirán de adestramento para o gran evento deportivo do ano

Gómez Noya entrando na meta do Mundial de tríatlon de longa distancia Xan Xiadas

O pentacampeón do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, regresa ás filas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra para preparar os Xogos Olímpicos de Tokio 2021. O triatleta elixiu o club branquiazul para estar federado e competir nas probas de atletismo, que lle servirán de adestramento para o gran evento deportivo do ano.

Non haberá que esperar moito para ver a Gómez Noya vestido coas cores da Ximnástica xa que, este mesmo domingo a partir das 9:00 horas, o triatleta competirá na inauguración do calendario nacional de roteiro cos 10 quilómetros Platja d'en Bossarimera, Eivissa.

Segundo confirmou a entidade pontevedresa a través dun comunicado, "é un orgullo que o mellor triatleta da historia elixise a nosa entidade para seguir crecendo", club no que xa estivo en varias ocasións e no que destacou especialmente o Campionato Galego dos 5 quilómetros en roteiro do 2010.