Gómez Noya confirma a súa presenza no Mundial de Pontevedra e o seu regreso á distancia olímpica

Pontevedra
14 de xaneiro 2019

O triatleta galego desvelou os seus plans para 2019 nun almorzo informativo organizado na sede dun dos seus patrocinadores, o Banco Santander. A súa intención pasa por clasificarse para os Xogos de 2020 aparcando ata esa data a distancia Ironman

Javier Gómez Noya, nun acto organizado polo Banco Santander no Consello Superior de Deportes @123acorrer Banco Santander

O ITU Multisport Festival de Pontevedra contará cun dos mellores triatletas de todos os tempos. Javier Gómez Noya anunciou este luns os seus plans para 2019, confirmando que correrá o Mundial de Longa Distancia que se celebrará na casa e onde tentará arrebatarlle o título ao pontevedrés Pablo Dapena.

"Creo que me va bien y es un Mundial en casa. No lo prepararé específicamente pero esero estar allí", sinalou o triatleta galego nun almorzo informativo organizado por un dos seus patrocinadores, o Banco Santander, na súa sede de Madrid.

Gómez Noya aparcará ademais, polo momento, a distancia Ironman tras a súa experiencia no último ano, e farao pensando no obxectivo dos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.

"Por lo menos hasta junio me centraré de nuevo en la corta distancia y haré las Series Mundiales", avanzou coa intención de "ver como estoy" en primeiro lugar pero coa idea de "intentar clasificarme para los Juegos".

Outro dos seus obxectivos, que compartirá tamén con Dapena, será o Mundial 70.3 de Niza, aínda que sempre pensando na proba de simulacro olímpica en Xapón e que repartirá unha praza para os Xogos. "La prepararé para intentarlo ahí", sinalou Javi Gómez Noya.

Desta forma o reto de gañar en Hawaii queda a un lado momentaneamente, aínda que "a Kona volveré", asegura, pero a data dependerá do seu rendemento na curta distancia.