Gómez Noya, a por todas nos Xogos de Tokyo: "Me veo en la pelea"

Pontevedra
22 de xullo 2021

O triatleta será unha das primeiras opcións de medalla do equipo español nos Xogos, coa carreira masculina individual prevista para o vindeiro domingo 25 a partir das 23.30 horas. "Creo que estos Juegos Olímpicos van a estar más abiertos que nunca", advirte en declaracións ao Comité Olímpico Español

Equipo español de tríatlon nos XXOO de Tokyo, con Gómez Noya segundo pola esquerda Federación Española de Triatlón

O tríatlon será unha das primeiras opcións de medalla do equipo español nos Xogos Olímpicos de Tokyo e tamén para a representación pontevedresa, cun Javier Gómez Noya que afrontará a súa terceira cita olímpica co soño de pelexar polo chanzo máis alto do podio.

A súa proba, a carreira individual masculina, disputarase a partir das 23.30 (hora española) do próximo domingo 25 de xullo, Día de Galicia.

"Me veo en la pelea", recoñeceu o cinco veces campión mundial en modalidade olímpica en declaracións ao Comité Olímpico Español nunha charla co seu presidente, Alejandro Blanco.

"Creo que estos Juegos Olímpicos van a estar más abiertos que nunca en el triatlón. Hay mucha gente con opciones dependiendo como vaya la carrera tácticamente, dependiendo del día... y las condiciones extremas de calor y humedad de Tokyo puede ser también un factor determinante", analiza Gómez Noya.

O triatleta galego preparouse a conciencia para este día, con dúas concentracións na illa mexicana de Cozumel para adaptarse precisamente ás condicións extremas que se esperan, a pesar de que a proba se disputará á primeira hora do día en Xapón buscando escapar da calor.

En definitiva moitos meses de traballo que lle fan chegar a Tokyo "con mucha ilusión y con respecto a otros Juegos en los que he estado con mucha más tranquilidad. No tengo la autopresión de tener que conseguir una medalla o un resultado, tengo una medalla de Londres, una carrera deportiva con muchos triunfos y títulos mundiales y eso me hace disfrutar más el proceso, que creo puede ser un arma a mi favor también", conclúe avanzando batalla, e é que Gómez Noya irá a por todas.