Goleada do Waterpolo Pontevedra en Marbella para clasificarse para a segunda fase (6-12)

Pontevedra
11 de febreiro 2023

O Club Waterpolo Pontevedra segue alongando a súa boa serie e xa son cinco as vitorias consecutivas as que lograron no seu debut en Primeira División Nacional. As de Kike García superaron este sábado ao pechacancelas Marbella e xa están clasificadas matematicamente para xogar a segunda fase da competición no grupo que loitará polo ascenso  

Partido Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CW Marbella Cristina Saiz

O Club Waterpolo Pontevedra segue alongando a súa boa serie e xa son cinco as vitorias consecutivas as que lograron no seu debut en Primeira División Nacional. As de Kike García superaron este sábado ao pechacancelas Marbella e xa están clasificadas matematicamente para xogar a segunda fase da competición no grupo que loitará polo ascenso.

Tras un inicio de partido igualado, cun 2-3 no marcador cando finalizou o primeiro período, o cadro pontevedrés púxose ao choio e non tivo rival.

Anotou Valentina o cuarto tanto do WP nada máis comezar o segundo cuarto e, de aí en diante, os goles foron caendo un tras outro na portería local, protagonizados por unha Izaskun Tellería imparable que asinou catro seguidos que xa permitían pensar no triunfo (2-7).

A forte defensa pontevedresa tamén deu os seus froitos e o Marbella só foi capaz de romper a seca anotadora cunha xogadora máis dentro da auga tras as expulsións de Iria Amoedo e Andrea Fernández, enviando o duelo ao descanso nun 5-9.

Tras o intermedio pouco variou o resultado. Anotou Sofía Anaya para o Marbella e fixeron o propio Valentina e Izaskun para o Waterpolo Pontevedra, asinando unha vitoria por 6-12 que as clasifica para xogar a fase polo ascenso.

Consulta as estatísticas nesta ligazón