Goleada do Pontevedra o Vilalonga no último amigable da pretempada (1-4)

Pontevedra
27 de agosto 2023

Boas sensacións para o Pontevedra CF no último amigable de pretempada goleando ao Vilalonga por 1-4. Os goles para os granates os anotaron Dalisson, Charly, Yelko Pino y Borja Domínguez, e o do cuadro local o firmou Tomás Abelleira  

Amigable de pretempada entre Villalonga e Pontevedra (1-4) Cristina Saiz

Boas sensacións para o Pontevedra CF no último amigable de pretempada goleando ao Vilalonga por 1-4.

O conxunto granate saíu cun once titular formado por Edu Sousa, Barbeiro, Garay, Mario Gómez, Zabaleta, Samu Mayo, Borja Domínguez, Yelko Pino, Chiqui, Charly e Dalisson.

Precisamente foi este último o que abriu a lata nada máis comezar o encontro. Non transcorreran nin tres minutos cando o hispano-brasileiro adiantou ao Pontevedra.

Sen tempo para a reacción, Charly devolveu o golpe ao Vilalonga e anotou o segundo para os granates, resultado co que se alcanzou o descanso.

Tras o paso polos vestiarios os de Yago Iglesias seguiron ao seu para aumentar a goleada. Esta vez foiYelko o que, no minuto 49 de xogo, asinaba o 0-3.

 Á festa goleadora tamén se quixo unir Borja Domínguez para deixar sentenciado no encontro e subir o cuarto tanto ao marcador aos 56 minutos.

Alcanzada a hora, o técnico granate decidiu mover ficha e deu entrada a Valen, Javi Hermelo, Padín, Churre e Bastos e Manu Vizoso en portería en lugar de Chiqui, Mario Gómez, Dalisson, Garay, Yelko e Edu Sousa. No descanso entrara Álex González por Zabaleta.

Tras os cambios, aproveitou o Vilalonga para reducir distancias por medio de Tomás Abelleira, que fixo o único tanto para os seus, finalizando o partido nun 1-4 a favor dun Pontevedra que o vindeiro domingo ten a proba de lume co primeiro encontro oficial de liga.