A Gimnástica exhibe canteira no Trofeo Abanca en Pista Curta

Pontevedra
23 de decembro 2024

Até Ourense desprazáronse as categorías inferiores da Gimnástica, vencendo por equipos nas categorías sub10 e sub14 feminina e ocupando e segundo posto na sub14 masculina

Canteira da Gimnástica no XII Trofeo Abanca en Pista Curta

A pista cuberta de atletismo de Expourense foi escenario dunha das últimas competicións do ano para a Sociedad Gimnástica de atletismo.

Esta vez tocáballe saír a escena á súa canteira, e as categorías inferiores brillaron nunha competición que reuniu a máis de 700 deportistas das categorías sub10, sub12 e sub14, con 17 equipos inscritos.

Tratábase do XII Trofeo Abanca en Pista Curta.

A Gimnástica brillou no trofeo, vencendo por equipos nas categorías sub10 e sub14 feminina e ocupando e segundo posto na sub14 masculina.

Ademais o equipo masculino sub10 foi cuarto e o sub12 feminino foi oitavo.

Na vitoria do equipo sub10 destacou o papel realizado polos equipos de substitucións (4×50), composto por Sara Mourente, Alicia Gallego, Gara Fernández e Gara Manuel, mentres que en sub14 brillaron atletas como Daniela Baquero, terceira en lanzamento de peso de 3 quilos conseguindo unha nova marca persoal (7.07), ou Matilda Veiga, segunda no 60 metros valas.

No caso dos mozos, o segundo posto da categoría sub14 contou con atletas como Iago Gómez, primeiro en pértega con autoridade tras superar o listón situado en 2.35 metros, como tamén fixo o seu compañeiro Martín Otero no 500 metros lisos, levándose o primeiro posto e unha nova marca persoal con 01:13.84, Paio Estévez, terceiro no 1000 metros lisos e tamén con nova marca ou Mario Tegegn, segundo no 60 metros valas e que volve da competición con nova marca persoal (9.58).

En Ourense tamén tivo lugar o I Control Nadal Pista Curta.