Un Garay "disfrutando" como central pero aberto a "lo que necesite el míster"

Pontevedra
06 de novembro 2024
Actualizado: 13:45

Coa lesión de Churre o futbolista do Pontevedra regresou á súa posición natural, no centro da defensa, tras máis dunha tempada actuando no lateral destro

Benjamín Garay, adestrando co Pontevedra na Xunqueira
Benjamín Garay, adestrando co Pontevedra na Xunqueira Mónica Patxot

Chegou ao Pontevedra Club de Fútbol como reforzo para o centro da defensa, pero as circunstancias levárono a consolidarse no once granate no lateral destro.

Aí é onde actuou Benjamín Garay a maioría de minutos que defendeu a camiseta granate. Con todo, por mor da grave lesión de Churre consolidouse na que considera "mi posición natural".

"Es donde estoy cómodo", recoñeceu este mércores en rolda de prensa o futbolista lembrando que "el año pasado me tuve que adaptar a una posición que era conocida para mí pero en la que nunca había jugado un año entero".

Debido a iso que asegura estar "disfrutando", co obxectivo de consolidarse no posto, pero aberto a "lo que necesite el míster".

"A todos los jugadores le preguntas que dónde quieren jugar y te dicen que dentro del campo", afirma Garay.

É por iso que se dirixiu ao seu adestrador, Yago Iglesias, sinalando que "tiene el 100% de confianza conmigo, donde me necesite ahí estaré".

Pensando xa na próxima xornada de liga, cunha visita ao campo do Coruxo, o defensor doutra banda sinalou que ""las últimas salidas fueron muy buenas, hay que seguir con esta línea".

Confiando ademais ao xogar no Vao poder estar arroupado por pola afección pontevedresa e que se desprace "mucha gente a apoyarnos".