Galegos, asturianos, cántabros e castelán leoneses serán os rivais do Pontevedra na Segunda RFEF

Pontevedra
03 de xullo 2024

Xa hai rivais para a nova tempada do Pontevedra CF en Segunda RFEF. O grupo 1 estará integrado polos dezaoito equipos de Galicia (5), Asturias (4), Cantabria (4) e Castela e León (5), unha composición moi similar á da tempada recentemente concluída

Adestramento do Pontevedra na Xunqueira Cristina Saiz

Xa hai rivais para a nova tempada do Pontevedra CF en Segunda RFEF.

A federación, tras a reunión de presidentes territoriais, aprobou a configuración dos cinco grupos nos que, uno ano máis, volverá estar dividida esta categoría.

Así, o grupo 1 estará integrado polos dezaoito equipos de Galicia (5), Asturias (4), Cantabria (4) e Castela e León (5), unha composición moi similar á da tempada recentemente concluída.

A relación completa é a seguinte:

Galicia: Pontevedra, Coruxo, Deportivo Fabril, Compostela e Bergantiños.

Asturias: Real Avilés, Marino de Luanco, Langreo e Llanera.

Cantabria: Rayo Cantabria, Laredo, Escobedo e Gimnástica.

Castela e León: Valladolid Promesas, Numancia, Guijuelo, Real Ávila e Salamanca.